sábado, 21 de diciembre de 2019

3B BESTEBURIZ




                       3B.- Besteburiz


A) DEFINICIÓN 
O Lombo do Medio e o Lombo Norte (en adiante, O Cordal) baixan cara unha gran depresión ocasionada polo Rego de Besteburiz (510 m) e o seu afluente; ambolosdous de igual percorrido. No Sul fica a Couce da Braña e no norde, ben abeirado, o lugar de Besteburiz.

Intuìmos sen confirmalo a presencia dun Asentamento dentro do nucleo sul  de Besteburiz.

Dende  a parte norde do Lombo do Medio divisamos a contorna inmediata de Besteburiz, que a situamos nas partes inferiores do "Cordal", moi ben abeiradas polo aquèl e pola contorna do outeiro do Lombo do Medio, obxetivos principais para establecer un asentamento o longo dos tempos... ou cecáis das Épocas, que é o que eiqui sen dúbida parécenos.



B) XENERALIDADES

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía - Domina toda esta contorna a Depresión do Rego de Besteburiz.
B.1.3 Outeiros.- 666 m e 682m son a altura dos Outeiros do Lombo Norte e Lombo do medio respectivamente; ate os 500 m onde situamos o cauce do Rego de Besteburiz que actua de nexo de encontro.
B.1.4..- Chairas..- . A Suave chaira de Besteburiz,(518 m) fica no norde dos encontros entre os dous Lombos.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte baixo.
B.2.3. Especies crecemento .-   Pequenos grupos de eucaliptus e pinos por toda esta área., predominando o monte baixo e nas fragas, vexetación autóctona.

B.3.1.- .1.1. AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..-  Rego de Besteburiz e o seu afluente que xuntanse nunha semichaira moi preto do lugar de Besteburiz.
B.3.3 .-Depresións .- .Fonda depresión , mais tórnase mais suave conforme imos baixando os Regos.
B.3.4 .- Ruta e Concas .- Os dous Regos guían as formas xeolóxicas , caéndo maxestuosamente éstas nos cauces dos mesmos, formando pequenos meandros
B.3.5.- Berces.-  Non.
B.3.6.- Fontes.-  Moi posiblemente.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc..-Grandes espazos curvos.
C.1.2.- Camiños principais .- O Parque Eólico abrira novas pistas por toda esta Zona; formando unha especie de CORNOS entre o Lombo do Medio e o Couce da Braña, con prolongación ate o Lombo do Norte, que en adiante chamaremoslle CORDAL. O estar o Cordal completamente cheo de muiños e tér unha Estación Eólica no seu pé, o lugar está moi comunicado.

D) TOPONIMIA.- Couce da Braña, Lombo do Medio, Besteburiz.
Camiños.-

E) XACIGOS Posible asentamento  en Besteburiz e no centro da pista dos cornos.


F) AS SECCIÓNS

Sección A
1.- Xeografía.Chaira de Besteburiz baixando o rego. Zona moi abeirada
2.- Patrimonio.- .- Sección sen estudar in situ mais intúiese a presencia no centro da aldeia de  restos de dous peches ovalados.

Sección B
1.- Xeografía.Paso do rego e aba noroeste do Lombo do Medio. Illa fluvial 523 m . pistas eólicas no seu leste.
2.- Patrimonio.- .-  Establecemos neste norte do Lombo do Medio , polos xacigos alí existentes baseados en grupos de penas traballadas con cazoletas e canais, unha posible estación arqueolóxica.

Sección C
1.- Xeografía.- Aba do outeiro 656m. Couce da Braña
2.- Patrimonio.- .- Sección sen estudar.


Sección D
1.- Xeografía.-  Recindo redondo no medio da " pista dos cornos"
2.- Patrimonio.-, Sección sen estudar.




viernes, 20 de diciembre de 2019

2B O GRAN DEPÓSITO LÍTICO NO LOMBO DO MEDIO







PREAMBULO.

Sò comentarvos duas cousas: 
È pra mìn un  inmenso orgullo tèr a satisfacciòn de presentarvos uns achàdegos pola miña parte incuestionables; 
independentemente  do tratamento futuro e o recoñecemento que a nosa sociedade lles dea , ainda que temo sexa despreciativo( eso cos anos de desprecio xa o teño mais que superado, asi pois , sigo adiante!!).
O sentido, razon e identificaciòn dos mesmos corresponderànlles os profesionais do "ramo"...arqueologos, historiadores, etc.

A segunda è a de pedirvos desculpas por non detallar ou dar alegremente unhas ubicaciòns onde fican o que imos descubrindo. A mala xente ( por chamarlles dun xeito non ofensivo) estàn sempre ahì, escudriñando para despois ir "fozar" con vistas o negocio persoal, sen importarlles os danos irreparables k poden facer a nosa historia.
O k eiqui vos presento è voso. Como voso è o deber de mirar pola protecciòn , investigaciòn e futura posta en valor do que vos deixaremos.

DESENROLO

Esta pequena e deseñada contorna chea de enormes e traballadas pedras obedecen a algo mais que unha simple fàbrica destiñada pars un tipo determinado de profesiòn  ou traballo. Por suposto, a presencia deste xacigo non obedece a causas naturais.



Vista xeral onde apreciase a forma da planta da àrea densamente poblada de grandes penas. No fondo, O Cordal. 


Vista en sentido contrario. No fondo fica o complexo pètreo dende onde quitamos a foto anterior. Un chisco mais a esquerda daquèl temos a Grande Atalaia.
È cecàis a mellor foto. Nela vèse restos dunha estructura dentro dunha planta ...circular?




Pequeno detalle

Moitas das medianas pedras forman conxunciòn. Observamos pequenas alineaciòns .
A PEDRAFITA 

Semella que esta pedrafita està soa.


PEQUENOS DETALLES DO SEU INTERIOR

No centro, unha grande pedra que posiblemente estivera fitada.

A relaciòn entre as pedras è constante.

Na zona de monte baixo està a clave

Estructura tumular

As formas traballadas das pedras denotan a utilidade ancestral deste xacigo.

Obviamente, non obedece a causas naturais este afloramento.




               

martes, 17 de diciembre de 2019

2 B .- LOMBO DO MEDIO




                   2B.- LOMBO DO MEDIO













Os dous Peches circulares do principio do Rio da Bidueira 

( seccion B)



Escomenzamos pola figura que nos ofrecen esta conxunción de pistas nesta Área do Penido dos Morros.  Estamos na sección B desta Zona e indicámosvos a presencia de duas plataformas circulares con os seus peches. Na dereita da imaxe tedes o primeiro. 


A flecha indícavos o segundo peche; ambolosdous enclavados nunha área moi fertil onde os regos baixan con forza e formando un pequeno oasis en toda a sua baixada. Esta área está os pés da grande necrópolis de Sinás e a un paso dos lugares arqueolóxicos do Lombo do Medio.


Observade a distancia entre os dous peches.

Imaxe en relieve onde resaltamos o primeiro peche.

           A Pena Escrita do Rego da Bidueira


Casi poderiamos decir que este è o punto do berce do rego...intuio que ben marcado pola pena escrita...sen desbotar k sexa un clàsico afloramento fluvial du  cauce subterràneo que baixa de cotas superiores, remarcada na foto de embaixo ( dende , pola construccion da pista, escàpase un pequeno fluxo formando unha fonte).

Afloramento das augas subterráneas 

A) DEFINICIÓN 


O alongado outeiro do Lombo do Medio con as suas partes altas que permiten o paso dunha pista e 5 muiños eólicos. As suas tranquilas partes baixas da sua cara leste vanse xuntar con o Outeiro de Sinás na depresión que forma a Fraga do Rego da Bidueira ( 600 m), namentras que pola sua  misteriosa parte oeste xúntase con o Rego de Besteburiz, (510 m.)

B) XENERALIDADES

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía Suave e alongado outeiro do Lombo do Medio de altura dende os 600 os 700 m.
B.1.3 Outeiros  As alturas principais van desde os 600 m ( Cabeza da Serpe) ate os 750 m ( O Gancho).

B.1.4..- Chairas.82m., 700, . a modo de grandes plataformas .


B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte baixo.
B.2.3. Especies crecemento .-   As abas fican ermas, agás a estreita e lonxitudinal fraga que forma o Rego da Bidueira.

B.3.1.- .1.1.  AUGAS

B.3.2 .- Cauces e Concas.. O Cauce do Rego da Bidueira con o seu berce e primeiro tramo forma un pequeño hábitat que, a modo de fraga, discurre ate o oeste.
B.3.3 .-Depresións .-Rego da Bidueira forma unha fonda depresión cun especial microclima o longo do seu percorrido.
B.3.4 .- Ruta e Concas.- O Rego da Bidueira
B.3.5.- Berces.-  Rego da Bidueira ( 2B/B/6)
B.3.6.- Fontes.- Creemos que por tratarse dun rego subterráneo que emerxe no berce do Rego da Bidueira, poderia existir varias saidas fluviais mais pequenas.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc..Liñas de demarcación rectas
C.1.2.- Camiños principais .- 3 fortes Camiños eólicos. Para diferencialos adoptamos, como xá é a nosa costume; poñerlles un nome figurado para a sua identificación primaria. Así chamámoslle  “A Serpe” o berce das tres pistas que confluien a poucos do berce do Rego da Bidueira, e o acompañan nos seus primeiros tramos. A serie de pistas eólicas que dende os altos do Lombo do Medio suben cara as primeiras "terrazas" do Velina, chamámoslle “ O Gancho". Por ùltimo, a pista eòlica que vai o longo da longa lingoa de terra o oeste do Lombo do Medio chamada "O Couce da Braña".

D) TOPONIMIA.-  Lombo do Medio, Velina. Pena Luisa.

E) XACIGOS 2B/A posible resto dunha estructura


F) AS SECCIÓNS :
Sección A
1.- Xeografía.- Outeiro do Lombo do Medio, Aba de 550 a 682 m . Plataformas do Velina.
2.- Patrimonio.-.- Restos de fábricas pétreas espallados e grande zona ruinosa de pedras acumuladas compatible con restos dunha estructura. Asi e todo esta Sección a temos pouca estudada.

Sección B
1.- Xeografía.Gran cruce das pistas “ cabeza da serpe”. Microclima con grande vexetación autóctona. Unha fraga que se alonga en torno o nacente Rego da Bidueira que racha o ermo da sua contorna das terras intermedias-altas.
2.- Patrimonio.- .- o inicio do cruce de pistas, uns metros antes do berce do Rego da Bidueira, observamos media oculta por un pequeño regato nacente unha gran pena " escrita". Na parte exterior das pistas atópanse dous peches con as suas plataformas circulares.

Sección C
1.- Xeografía.-- Terra alta do Lombo do Medio. Parque eólico.. Planicie circular de 700 m.
2.- Patrimonio.- .- Na suave aba que dá o nome de Lombo observamos na sua parte norte uns afloramentos de penas moi gastadas, con rebaixes e marcas. Na sua parte sul existe un grande espazo con moita fabrica de pedras esparcidas, moitas delas traballadas, xunto con algunhas pedrafitas. Considerando a importancia desta e secciòn, otorgarèmoslle un espazo aparte.
Gran pena de Sinás con abundantes marcas... posiblemente naturais 

Conxunto da Grande Atalaia.

Este conxunto, sendo a parte superior e dominante das estructuras que descubrimos no extenso Lombo , chamarèmoslle a "Grande Atalaia", por supòrlle que exerce de eixo dunha grande e importante  àrea històrica, asentada na aba oeste do Lombo do Medio.


Vista xeral da contorna inmediata da "Grande Atalaia "


Detalle do conxunto da Atalaia
Vista xeral desta grande Atalaia, que creemos básica para podermos entender a grande extensión de deposito litico que temos os seus pés.

..
Circulo perfecto de recollida de carbòn vexetal nas terras altas das primeiras estribacions do Velina...moi perto do "Gancho". No fondo tedes un resumen das àreas xa estudadas.

Sección D


.1.- Xeografía.-  Pistas eólicas do “Gancho” 797 m curuto do gancho
2.- Patrimonio.- Terras altas peinadas e suavizadas polo vento, polo que non observamos ningún tipo de estructura agàs este rebaixe circular...

G) OBSERVACIÓNS .-  Por ser unha Área con bastante contido lítico , imosvos facer un apartado con este pequeno lugar enclavado na vertente occidental do outeiro coñecido como o Lombo do Medio ... cecáis pola sua importancia,  a toponimia paróuse neste recanto para nomealo enteiramente como o "Lombo do Medio".
  Imos dividir esta Área en duas partes;
 A norte, onde fican amoreadas conxuntos de penas con mostras visibles de ter sido rebaixadas, modificadas, pola man do home;
 A sul:   onde fica o grande amoreamento de grandes pedras nunha curta superficie de terreo, compatible cun grande Asentamento e que o chamaremos O PEDREGAL DO LOMBO DO MEDIO.

Daquela imos xá con a primeira parte. Principiamos polos complexos pétreos: 


Por eses detalles que nos deixaran os "constructores dos eòlicos", parece que no seu estudo de incidencia arqueolòxica recoñeceron a importancia do lugar.

...obviamente, estudo publicamente oculto.





Estamos na àrea màis o norte do Lombo. Detràs dese conxunto vedes "O Couce" con a sua longa pista eòlica.



Detràs deste outro conxunto vemos as pistas de acceso "o Couce" e que  forman "Os Cornos"

Detalle do conxunto anterior.


A continuación , imos ver alguns detalles  dalgunhas penas...


Escritas?

Escritas?

Rebaixadas?

Formaba parte dunha estructura, antes de rachar?

Detalle da anterior

Rebaixe?


Escrita?

Escrita?

Rebaixes?





Para finalizar ofrecémosvos da mesma pena duas imáxenes. Nelas vemos claramente a existencia dunha profunda canaleta.....Pena das Ofrendas?